Como todos sabedes, o colexio Esclavas de Coruña gañamos o premio ó Grupo máis numeroso na carrera ENKI. O premio foi unas xornadas para os cursos de 6º de Primaria valoradas en 500€. O alumnado tivo primeiro unha charla dunha persoa con diversidade funcional que practica triatlón. Contounos os problemas aos que se enfrenta calquer persoa con diversidade funcional que queira facer deporte, e contribuíu a potenciar nos nenos unha conciencia social á favor da inclusión de todo tipo de persoas. Despois tiveron a oportunidade de utilizar cadeiras de rodas adaptadas para deportistas con diversidade funcional. Tamén nos ensinou o seu coche, e as adaptacións que foron necesarias para ser utilizado por el. Foi unha xornada moi divertida e interesante, e todos quedamos moi satisfeitos co resultado!
0 Comentarios
O pasado xoves, 23 de Novembro, contamos coa presenza de dous entrenadores de esgrima que viñeron impartir unha clase ao alumnado de 6º de Primaria. Despois dunha breve explicación teórica, os nenos e nenas poideron utilizar todos os materiais que trouxeron para que probásemos, e recibiron unas nocións básicas de utilización do sable. Por último, tiveron a oportunidade de facer unha serie de combates en parellas. Os nenos e nenas de Esclavas disfrutan moito con estas actividades de "Coñece o teu deporte", e dende este blog non podemos deixar de agradecer ós profesionais que fan esto posíbel. O pasado mes de Xaneiro, ven de iniciarse novamente o igual que sucederá en cursos anteriores o programa Merendas saudables. Este programa trata de inculcar nos alumnos/as de primaria hábitos saudables en relación ca súa alimentación. Para isto dende o centro tratase de valorar e premiar os bos hábitos a través dunha moeda propia que os alumnos/as poden canxear. As posibilidades de troco desta moeda (healthiños) pasan por entradas o Club Healthy, ou por alugar material deportivo. Con esta iniciativa, conseguemos o dobre obxectivo de promocionar a alimentación saudable, e facilitar a práctica de diferentes actividades deportivas no tempo de lecer, dentro dun circulo virtuoso de concatenación de hábitos saudables que melloren a calidade de vida do noso alumnado. Grazas á cesión de diferentes materiais de laboratorio por parte da Fundación Obra Social la Caixa, estamos a realizar diferentes experimentos vinculados ós efectos da práctica da actividade física no noso alumnado. En concreto, desenvolveuse o experimento en 6º de E.P, na ESO e en 1º de Bacharelato. Grazas a medidores do ritmo cardiaco, da tensión arterial, do ritmo respiratorio ou da temperatura corporal, o alumnado vivenciou os cambios que se producen coa práctica de exercicio físico nestes parámetros. Consideramos que é especialmente importante que o alumnado coñeza cómo cambia o noso corpo coa práctica de exercicio fisico, e como estes cambios producen melloras nos diferentes aparatos e sistemas do noso organismo. O mércores pasado tivemos a presencia da Fundación Caser para impartir uns talleres de concienciación sobre ``Costumbres saludables´´, dentro da súa línea de acción LA SALUD Y EL BIENESTAR. A través de xogos, iPads e unha charla, o alumnado asimilou os contidos dunha forma entretenida e amena. Ademáis, tivemos a oportunidade de coñecer a súa mascota Goody, e de experimentar os coñecementos adquiridos en diferentes talleres no aula. Estamos desexando que volvan! |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |