O pasado Xoves 18 de Abril vense de desenvolver un obradoiro sobre a mobilidade urbana en bicicleta. O mesmo foi impartido por responsables de a "A escola da Bici MOBI-LIZA". Este obradoiro, é a continuación dun proxecto que se iniciou no mes de Novembro cunha serie de charlas teóricas, e que pretende concienciar o noso alumnado das diferentes alternativas o coche como medio de transporte. Un total de 33 alumnos/as de ESO e bacharelato participaron neste obradoiro, acudindo ademáis o colexio na súa propia bicicleta, a cal puideron aparcar no interior do centro.
0 Comentarios
O alumnado de E.I. ven de realizar unha xornada de iniciación o Rugby. Se ben a iniciación deportiva tende a realizarse en etapas educativas posteriores, consideramos que non esta demais que o alumnado comece a familiarizarse con aqueles deportes minoritarios e os que terán mais dificultades en coñecer. O pasado Venres 12 de Abril e grazas a colaboración de "Termalia- Casa del Agua", o alumnado de 4º da ESO puido desfrutar dunha xornada de iniciación o Triatlon. A través desta iniciativa o alumnado puido practicar un deporte constituido por tres disciplinas diferentes. Asi os nosos alumnos/as puideron prácticar natación, nas instalacións da "Casa del Agua", un circuito de habilidade en bicicleta e para rematar un circuito de carreira a pe. Todo elo, ademáis, realizando as diferentes transicións entre disciplinas características do deporte do Triatlón. ,Entre o Xoves 4 de Abril e o Domingo 7 o alumnado de 6º de E. P. desputou en Cordoba unha nova edición da Copa ACI que reune cada ano os centros da Fundación ACI de toda España. Se ben as competición deportivas constituen o eixo sobre o que xira o evento, o mesmo e moito mais cunha competición deportiva. Así, o noso alumnado puido coñecer a cidade de Cordoba e a súa Mezquita, así como visitar a casa natal da fundadora do noso centro, Santa Rafaela María no pobo de Pedro Abad, tamén situado na provincia de Cordoba. A nivel deportivo, destacaron varias victorias en diferentes modalidades de atletismo, así como tamén, o triunfo acadado en todos os partidos diputados en Baloncesto. |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |