O pasado domingo 22 de Outubro, a comunidade educativa do noso colexio participou na iniciativa solidaria de ENKI. Enki nace grazas á Fundación Abrente a finais de 2014 co obxectivo principal de promover tanto a inclusión das persoas con discapacidade funcional nas actividades organizadas pola comunidade deportiva, como dar difusión aos colectivos que as representan. Como colexio foi un honor participar nesta carreira, e grazas a un equipo de máis de 450 persoas fomos os gañadores do premio ao Colexio máis numeroso, cunha dotación económica de 500 €. Dende o blog de vida saudable queremos expresar a nosa gratitude a todos os que fixeron posible este proxecto, xa que é una gran satisfacción ver a toda a comunidade educativa volcada nun proxecto deportivo tan fermoso como este.
0 Comentarios
Dentro do noso programa “Coñece o teu deporte”, estas dúas semanas tivemos a sorte de contar cunha pista hinchable de squash cedida pola FGS (Federación Gallega de Squash). O squash foi elexido pola revista norteamericana FORBES como o deporte máis saudable por diante do remo e da escalada en roca, e nós considerámolo un deporte moi interesante para que os nosos alumnos/as se inicien, xa que é apto para todas as idades. Como podedes ver, foi todo un éxito nas nosas clases de Educación física. Dende o departamento de Educación Física continuaremos a desenvolver no curso 2017-2018 o proxecto "Coñece o teu deporte" co obxectivo de fomentar estilos de vida saudables entre os nosos alumnos/as mediante a práctica deportiva. A importancia da continuación do programa ven determinada pola necesidade de motivar constantemente ós alumnos/as, para que cada un dos mesmos, atendendo ós seus intereses e motivacións, poida descubrir, practicar, e sobre todo consolidar hábitos de práctica cotiá en torno á actividade física. O primeiro deporte que introducimos foi o Judo e a defensa persoal, na semana do 18-22 do pasado mes de setembro. Para elo contamos ca presenza de Mestre Bernardo Romay que realizou unha excelente introdución a este deporte para os alumnos/as de E.I., E.P. e E.S.O. |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |