O xoves 29 de Maio e dirixido o alumnado de 6º de E.P. desenvolveuse un obradoiro práctico de iniciación a marcha nórdica. A actividade dirixida por Cecilia do Clube de Marcha Nórdica A Coruña tivo un claro desenvolvemento práctico, no que se ensinou os nenos/as o uso dos bastón, as técnicas de desprazamento e o regulamento básico que condiciona esta modalidade deportiva. Sen dúbida tratase dunha disciplina todavía bastante descoñecida dentro do noso contexto socio-deportivo, por iso consideramos tan importante que o noso alumnado se vaia familiarizando con alternativas deportivas diferentes as tradicionais que xa coñecían.
0 Comentarios
O pasado Venres 24 de Maio, o alumnado de 1º de Bacharelato gozou dunha actividade de iniciación o Surf desenvolvida na praia de Bastiagueiro. Grazas escola de Surf Base Surf Camp, os nosos alumnos/as realizaron unha actividade moi atractiva, na que todos/as quedaron encantados e con gañas de repetir. O bautismo, consistiu nunha pequena charla teórico-práctica na praia para a continuación pasar xa a práctica enriba da tabla, tratando de surfear as mellores olas. Temos que agraceder a colaboración da Escola de Surf Base Surf Camp, por ofrecernos de balde esta actividade, cedendo, ademais, todo o material preciso para realizala. O pasado Xoves 16 de maio, vense de celebrar unha nova edición da nosa carreira escolar "Esclavas Corre". Tratase dun evento deportivo de moita importancia para a nosa comunidade escolar, na que están implicada o alumnado de todas as etapas educativas do noso centro, así como profesores, PAS e familias. Como anteriores edicións, disputáronse carreiras en función da idade do alumnado ata un total de 15, rematando ca carreira para profesorado e familias. O obxectivo da carreira, lonxe dunha mera competición deportiva e "facer colexio" e fomentar hábitos de vida saudable no noso alumnado. Cremos firmemente no beneficio que ha práctica deportiva ten nos nenos/as, non so dende ha perspectiva da saúde, senón na incidencia indirecta que ten na mellora do rendemento académico. Creemos, asemade, na alimentación saudable, por elo o avituallamento final configurouse con alimentos e bebidas (auga, lácteos e froita) beneficiosos para a saúde. Temos que agradecer a colaboración de todos os patrocinadores e colaboradores que fixeron, un ano mais, posible esta carreira. Dentro das charlas coloquio que tentan acercar diferentes modalidades deportivas o noso alumnado, o pasado mércores 15 de maio tocoulle quenda o Baloncesto. Aínda que se trata dun deporte en xeral coñecido para os nenos/as, a charla- coloquio despertou moito interés nos mesmos o tratarse dende un enfoque diferente. Dunha banda, dende un perspectiva de xénero. Así, puxose en valor o deporte feminino e todos os logros que en relación a igualdade efectiva se están acadando, poñendo en perspectiva todas as dificultades das deportistas mulleres no pasado. Doutra banda, tratouse a potencialidade educativa do deporte en xeral, e a relación existente entre rendemento académico e cognitivo en xeral e a práctica deportiva escolar. Temos que agradecer a presenza de antigas compoñentes da equipa de Baloncesto feminino de Compañía de María, compañeiras ademais da nosa coordinadora de etapa Ana Souto que responderon e atenderon todas as inquedanzas do alumnado de 6º de E.P. Dentro das charlas- obradoiros que se están a facer para promocionar diferentes deportes no noso alumnado, o pasado luns 13 de maio tocoulle quenda o Béisbol. Asemade, estamos a tentar que o programa "Coñece o teu deporte" xire en torno o deporte feminino. Nesta ocasión desfrutaron dunha sesión práctica de iniciación o Béisbol o alumnado de 5º e 6º de E.P. Temos que agradecer a presenza de xogadoras co clube de Béisbol Cambre, que permitiron os nenos e nenas coñecer mais sobre este deporte. O pasado 6 de Maio e grazas a colaboracion de Saúl, nutricionista de cabeceira do RCD de A Coruña e da Deporclínica, desenvolveuse unha charla sobre a "Nutrición e metabolismo enerxético". A mesma, acudiron os alumnos/as de 3º da ESO e 1º de Bach. que desfrutaron dunha excelente ponencia, na que interiorizaron entre outros conceptos, a importancia de vincular o gasto calórico individual ca propia dieta, os diferentes macro e micronutrientes presentes nos alimentos, ou o cálculo da Tasa Metabólica Basal. O mesmo poñente, e xa dirixido a alumnos de E.P. e familias, disertará en vindeiras datas sobre o perxuizo da elevada inxesta de azucares simples. Recentemente acaba de celebrarse no noso centro e para o alumnado de 5º de E.P. unhas charlas sobre educación vial. As mesmas foron desenroladas pola Fundacion Mapre e trataron de concienciar o alumnado sobre a necesidade de ter presente as diferentes normas de seguridade vial. Nun contexto, na que os medios de mobilidade urbana están en continua evolución ca incorporación de vehiculos alternativos os tradicionais, como a bicicleta, opatín eléctrico.... e mais necesario que nunca coñecer as diferentes alternativas, así como as normas que definen o seu uso tanto dende a perspectiva do peatón como dende a perpectiva de que utiliza un medio de transporte eléctrico ou mecánico. Co galo da celebración do "Día Mundial de Seguridade e Saúde no Traballo" celebrada o pasado 28 de Abril, e para que o noso alumnado lembre os consellos de prevención da escola, Eduardo en representación da fraternidade Mutrespa impartiu unha charla moi util. Tratase de aplicar o proverbio de que é mellor previr que curar evitando problemas non so na escola senon no futuro do noso alumnado. |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |