Aproveitándonos do feito de que unha alumna de 3 de ESO Manuela Paz, práctica un deporte pata moitos ben descoñecido, o Quidditch, pedímoslle que ensinara a clase os elementos básicos do mesmo o cal accedeu e nos lle agredecemos. Para elo, adaptou as normas do deporte, en certo sentido complexas, a estrutura da clase, así como os medios e materiais necesarios. O resultado foi un deporte alternativo ben divertido, que permite dar a coñecer outra forma de realizar actividade física e ademais unha escola mais viva, onde o alumnado pode asumir roles diferentes, como neste caso Manuela Paz.
0 Comentarios
Durante a semana do 23-27 de Outubro os alumnos/as de E.P veñen de disfrutar da participación nun programa dirixido pola Federación Galega de Hockey tratando de introducir este deporte na escola. A través do programa, un especialista o longo de dúas horas lectivas ensinaba os elementos técnicos básicos do deporte. A federación, asemade, dotaba os centros do material preciso para poder levar a cabo a práctica que podemos decir que foi especialmente motivante para o noso alumnado, que se inicia nun deporte que para a maioría era descoñecido. Neste inicio de curso 2023-24 pretendemos seguir a ofrecer o noso alumnado talleres prácticos que dean a coñecer deportes que por diferentes circunstancias non teñen presencia na programación da materia de E.F. Deste xeito asegurámonos que o abono de deportes o que teñen acceso os alumnos/as e mais amplo. Nesta ocasión o Judo e a defensa persoal foron dúas actividades que se desenvolveron nos diferentes cursos e etapas coordinadas polo mestre Bernardo Romay
No presente curso 2023-24 novamente proponse un programa de leceres activos para a etapa de ESO e Bacharelato. A proposta pasa novamente por facilitar a práctica deportiva en tendo en conta as seguintes características:
- Non son factibles de practicar no patio exterior. - Requiren material que so se pode utilizar en presenza dun profesor/a. - Sexan socialmente aceptadas de forma similar por diferentes grupos de idades e sexos. -Sexan de alta potencialidade socializadora e técnica, evitando a sudoración excesiva co obxecto de que os alumnos/as non precisen cambiar de roupa. Agardamos con este tipo de iniciativas converter os tempos de lecer en tempos mais dinámicos que permitan un descanso real que favoreza ademáis a práctica deportiva. |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |