O coidado da contorna, a través da reciclaxe e o compromiso social do centro, son aspectos intrínsecos o noso proxecto educativo. Neste contexto, pretendemos lanzar unha, campaña de recollida de tapóns cun dobre obxectivo: dunha banda, reciclar material plástico de alto valor para a súa transformación, e doutra financiar actividades solidarias.
Será a asociación ASER (Axuda Superar Enfermidades Raras) a encargada da xestión dos tapóns, tanto levándoos as diferentes plantas de reciclaxe, como recadando os fondos que terán como obxectivo financiar actividades que melloren o día a dia de persoas con “enfermidades raras”. Sendo esta a finalidade da asociación, e tendo ademais a mesma, unha presencia activa na nosa cidade, consideramos que ca súa colaboración, temos unha nova alternativa para educar a través da reciclaxe e a solidariedade. Para facer viable esta campaña, puxéronse a disposición catro contedores de recollida de tapóns, como os que figuran na imaxe en cada unha das entradas principais (EI-EP y ESO-Bach.) Os tapóns xerados diariamente no centro, poderanse deixar nos contedores en calquer intre. Asemade, e para organizar axeitadamente a campaña, estableceremos os mércores como día de recollida dos tapóns provenientes do exterior. Os mesmos serán traídos polo alumnado en bolsas cerradas e depositados nos contedores a chegada o centro.
0 Comentarios
Nas actuais circunstancias de dificultade, que afectan, entre outros aspectos, a nosa mobilidade, queremos, dende o centro, transformar algunha destas dificultades en oportunidades de cambio. Neste senso, fai xa un tempo que tratamos de fomentar unha mobilidade urbana sostible e autónoma do alumnado. Para elo, vimos de impulsar diferentes accións como: charlas de educación viaria, desenvolvemento de itinerarios pedestres e ciclistas seguros e, dende o pasado ano, a posta en marcha do noso proxecto “Esclavas movese en bici”.
Dende o centro somos conscientes de que a seguridade viaria é unha preocupación de todas as familias, como tamén o somos de que unha mobilidade alternativa o uso do coche irase impoñendo no futuro próximo. É por elo que queremos que o noso alumnado se vaia familiarizando con estas alternativas, e para o cal dende o pasado 8 de Febreiro poñemos de novo a vosa disposición o aparcabicicletas do interior do centro, así como toda a axuda do profesorado precisa para xestionar as entradas e saídas. Dende a equipa de vida saudable do centro estamos de novo a promover as merendas saudables no centro a través do programa "Healthiños-merendas saudables". Dende o colexio conscientes da importancia de inculcar hábitos de vida saudables lanzamos de novo esta proposta para o noso alumnado de E.P. que pasa por recompensar de xeito simbólico
o alumnado que consuma alimentos que consideramos mais sas. Neste curso ademais daremos maior liberdade de elección e, ademais, pretendemos socializar a actividade de xeito que os alumnos participaran dunha recompensa grupal para o seu grupo clase. |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |