Existe un amplo consenso científico sobre os beneficios que a práctica regular e planificada de exercicio físico ten para a saúde. Neste contexto, as dúas horas semanais de E.F. poden resultar insuficientes para consolidar no alumnado o hábito de realizar deporte máis alá da etapa de escolarización obrigatoria. Tendo isto en consideración, no presente curso 2017-2018 proponse un programa de leceres activos para a etapa de ESO e Bacharelato. A proposta pasa por elixir cada trimestre un deporte ou actividade lúdica que poida desenvolverse no tempo de lecer. No primeiro trimestre a actividade foi de libre elección polo alumnado, facilitándose o diferente material preciso para desenvolvela. As actividades seleccionadas tiveron as seguintes características: - Non son factibles de practicar no patio exterior. - Requiren material que so se pode utilizar en presenza dun profesor/a. - Sexan socialmente aceptadas de forma similar por diferentes grupos de idades e sexos. -Sexan de alta potencialidade socializadora e técnica, evitando a sudoración excesiva co obxecto de que os alumnos/as non precisen cambiar de roupa.
0 Comentarios
Os alumnos/as de 1º de Bacharelato, veñen de realizar o pasado Luns 11 de Decembro, una xornada de concienciación sobre a doazón de órganos. Para elo, contouse ca presenza do responsable médico da unidade de trasplantes do CHUAC. Este disertou co alumnado acerca das posibilidades de este tratamento en enfermedidades que doutro xeito serían inabordables.
Asemade, a segunda parte da xornada contou co testimonio dunha paciente transplantada ,que explicou polo miúdo a súa experiencia, e como o trasplante, neste caso de ril, mellorou a súa calidade de vida. Consideramos dende o centro de especial importancia concienciar ó alumnado sobre a importancia de actitudes altruistas que nos permitan avanzar como sociedade solidaria. O alumnado de 1º e 2º da ESO ven de asistir a una acción formativa sobre Primeiros Auxilios. Deste xeito, o servizo de Protección Civil, a través da intervención de Federico de la Fuente, introducíu ó alumnado nos protocolos de actuación en casos de intervención con diferentes tipos de accidentados. Asemade, explicáronse as manobras máis importantes e probables que se poidan dar en diferentes escenarios. Dende o centro consideramos especialmente importante este tipo de accións formativas, que non so achegan coñecemento senón que dotan de autonomía ó alumnado para facer frente a situacións reais.
O pasado 24 de novembro de 2017 vense de publicar resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, sobre a relación definitiva de centros admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2017/18.
O noso centro, o igual que sucedeu no pasado curso resultou admitido dentro do programa Centros Activos e Saudables. O mesmo abarca as etapas de E.I, E.P e E.S.O. Participarán no desenvolvemento directo deste programa todo o alumnado das etapas de E.I., E.P. e E.S.O. E un total de 28 mestres/as. O obxectivo deste pasa por desenrolar proxectos educativos vinculados a mellora e promoción de hábitos de vida saudable entre o alumnado. Para elo, utilizaremos diferentes recursos, tales como charlas, obradoiros, visitas guiadas... esperando que esta laboura de concienciación no presente, repercuta nuha mellora da saúde no futuro. |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |