Esta semana tivemos a oportunidade de realizar un obradoiro organizado polo concello sobre primeiros auxilios con todo o alumnado de 5º de Primaria. Este obradoiro está ubicado dentro do Plan Educa, e parecenos moi interesante e útil. O alumnado aprendeu sobre o protocolo PAS, a importancia de chamar ao 112, qué facer cando alguén está inconsciente, cando alguén se atraganta, nunha situación de infarto, etc. Os nenos e nenas tiveron tamén a oportunidade de realizar por sí mesmos as maniobras de reanimación cardio pulmonar, a posición de seguridade... Todos os Mestres e mestras sentímonos moito máis seguros agora, sabendo que temos a profesionales de 5º ao noso carón!
0 Comentarios
Dentro do programa Coñece o teu deporte, e grazas ó AMPA, tivemos a oportunidade de que o alumnado de 5º e 6º poidese ter unha sesión de Parkour con Julio, un membro de Vella Escola. Sen dúbida todos aprendemos moito, e pasámolo xenial! Ademáis, todo o alumnado de primaria tivo a oportunidade de desfrutar dunha exhibición, de parkour no noso pavillón. Dende aquí queremos dar as grazas ó AMPA por axudarnos sempre en tódalas nosas iniciativas! |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |