Con motivo da elebración dende o 13 de decembro do" Cumio do Clima de Madrid COP25", co obxectivo de alcanzar acordos e compromisos entre nacións para combater os efectos do cambio climático. Dende o centro, e de xeito paralelo o desenvolvemento do cumio, propuxemos realizar diferentes accións de concienciación, buscando o compromiso do noso alumnado nesta loita que, sen dúbida algunha, é cousa de todos.
O Departamento de Bioloxía convocou un “Comité de Expertos” formado por alumnos e alumnas dos derradeiros cursos de ESO e Bacharelato que foron os os encargados de elaborar unha presentación sobre o cumio e a súa importancia, que compartirán co resto dos cursos en diferentes sesións de concienciación. O Departamento de Plástica elaborarou un “Planisferio”, no cal a xeito de mosaico, pegouse as fotos de aqueles alumnos/as que se comprometeron con algunha acción en favor da conservación do planeta e que envíeron algunha evidencia de elo (sinatura na axenda ou foto por correo electrónico). O mosaico que aparece na foto, foi posteriormente exposto na entrada do centro.
0 Comentarios
O Mércores 4 de Decembro, vense de desputar o II Torneo de Xadrez de Nadal. O mesmo estructurouse en 4 diferentes categorías en función dos cursos (idade) dos diferentes alumnos/as. Estas iniciativas da AMPA, veñen a incidir na importancia de desenvolver unha educación integral que fomente o deporte como elemento de desenvolvemento persoal e para a mellora das capacidades cognitivas.
O pasado 10 de Decembo os alumnos/as de 2º de E.P, asistiron a unha presentación sobre alimentación saudable. A mesma, foi impartida por unha técnico da Oficina Municipal de Información o Consumidor (OMIC), que explicou os escolares diferentes pautas que permiten incidir na saúde a través da alimentación. Os alumnos/as tiveron a oportunidade de expoñer amplamente as súas dúbidas, facendo da charla un contexto de aprendizaxe activo. |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |