Varios deportistas do centro, en concreto Judokas, veñen de ser entrevistados na canle de Radiovoz con motivo da súa asistencia o campionato nacional de Judo que se disputara do 29-31 de Outubro en Avilés. Independentemente dos resultados, tratase, sen dúbida, dunha excelente oportunidade de vivir experiencias a través da práctica deportiva, neste caso do Judo.
0 Comentarios
O pasado venres 22 de Outubro vimos de celebrar unha nova edición da carreira de obstáculos promovidos a través do proxecto Enki. Tratase dunha proba lúdica que promove a inclusión e visualización das persoas con diversidade funcional. Este ano, novamente á espera de que a pandemia permita realizala conxuntamente con outros colexios da cidade, celebrámola no patio do centro. Neste inicio de curso pretendemos seguir a ofrecer o noso alumnado talleres prácticos que dean a coñecer deportes que por diferentes circunstancias non teñen presencia na programación da materia de E.F. Deste xeito asegurámonos que o abono de deportes o que teñen acceso os alumnos/as e mais amplo. Nesta ocasión o Judo e a defensa persoal foron dúas actividades que se desenvolveron nos diferentes cursos e etapas coordinadas polo mestre Bernardo Romay |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |