Dende este mes de xaneiro como continuidade da iniciativa “Merendas saudables” desenvolvido na etapa de Educación Infantil, incentivaranse as merendas saudables a cambio de puntos (Healthiños) que serán adxudicados nos tempos de recreo a cada clase. Estes Healthiños poderán ser trocados por un premio que consistirá nunha actividade relacionada co ocio e a saúde, levada a cabo polos titores. Con isto, pretendemos fomentar a conciencia de grupo nos nenos e nenas, ao mesmo tempo que os sensibilizamos sobre que alimentos son saudables. O desenvolvemento do programa levarase a cabo do seguinte xeito: - Cada día que os alumnos/as traian á escola unha merenda saudable das que están incluídas na lista que vos adxuntamos (de forma voluntaria, pois a merenda non é obrigatoria) , serán recompensados cun Healthiño. Cando a clase consiga 200 Healthiños, o titor ou titora desenvolverá unha clase “especial” como premio ao seu esforzo e concienciación.
0 Comentarios
O coidado da contorna, a través da reciclaxe e o compromiso social do centro, son aspectos intrínsecos o noso proxecto educativo. Neste contexto, durante o presente curso, imos a participar no Concurso Pilabot a iniciativa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que pretende concienciar os escolares sobre a importancia da xestión do lixo, fomentando unha recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles.
Co ánimo de motivar os diferentes centros e o alumnado na campaña de recollida, plantexase a modo de concurso intercentros de Galicia, para que cada un recolla e entregue o maior número de pilas e acumuladores portátiles. A este efecto, terán esta consideración cualquera pila, acumulador ou batería que non sexa industrial ou de automóbil. A campaña de recollida estenderase dende o 13 de xaneiro ata o 31 de marzo, facilitándolle para elo un pequeno contedor de cartón os alumnos/as tanto de EP como de ESO e Bacharelato para que poidan facer a recollida na casa e entregalas posteriormente no colexio. Para facer operativa a recollida, pedímosvos que a entrega de las pilas e acumuladores a realicedes os xoves, entregándoas á entrada, na porta que a cada un lle corresponda e o mestre/a presente na mesma. O alumnado de 4 anos de E.I. ven de celebrar unha xornada adicada a promocionar o uso da bicicleta na escola. Para elo os nenos/as viñeron cas súas bicletas o colexio e realizaron diderntes actividades en torno o seu uso. Unha delas a realización dun circuito de habilidade no patio de xogos tal e como se pode apreciar nas imaxes. Durante o mes de xaneiro e dentro da proposta de global "Tempos de lecer activos", estamos a desenrolar un campionato de Badminton para o alumnado de ESO e Bacharelato. O mesmo que se estrutura na modalidade de parellas en base a 4 categorías tendo en conta a idade do alumnado. Con isto pretendemos que os alumnos/as independentemente do seu nivel poidan gozar do deporte poñendo o centro os medios para elo, durante o seu tempo de lecer. |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |