Un total de 14 centros escolares pertencentes a Escolas Católicas, vimos de participar este venres 21 de abril, nun evento deportivo nos campos deportivos de " A Torre". O obxectivo do mesmo era compartir una experiencia conxunta baixo o paradigma da tolerancia. Con este evento, conxunto, celebramos o pasado "Día internacional de la Tolerancia" que no seu momento se había posposto debido as condiciones meteorológicas.
0 Comentarios
O pasado martes 28 de marzo vense de realizar unha charla destinada a orientar o alumnado en relación as diferentes posibilidades da bicicleta como medio de transporte na contorna urbana. A actividade, dirixida por Ramón, da "Escola da Bici" estivo orientada o alumnado de terceiro e cuarto de EP. Na mesma, aclaráronse moitas das dúbidas sobre a presenza da bicicleta na cidade, mais ala do tempo de ocio. Esta charla, supón un punto de partida na actividade formativa que continuará ca realización dun taller práctico. Todo o alumnado do centro (excepto bacharelato) desenvolveu na derradeira semana do mes de marzo e dentro do programa " Coñece o teu deporte", unha actividade de promoción do Surf e do Skate que tratou de introducir os deportes de deslizamento no ámbito escolar. A actividade, impartida por formadores da empresa Prado Surf, favoreceu no a singular experiencia de deslizarse sobre un monopatín, tentando ademáis recrear a sensación de estar a pasar polo tubo dunha ola. O alumnado de E.I. ven de realizar unha actividade dirixida a aprender a utilizar a súa bicicleta de xeito autónomo. Para elo trouxeron a súa bicicleta da casa e baixo a dirección dos profesores realizaron diferentes actividades no patio do colexio. Este tipo de actividades trata de fomentar non so a aprendizaxe de habilidades, senón unha concienciación sobre as posibilidades de mobilidade urbana que sexan sostibles. O alumnado de 1 ESO ven de realizar unha excusión a estación de Esquí de Leitariegos. A mesma cumpreu o doble obxectivo de introducir a moitos dos alumnos/as nun deporte que ata ese momento non tiveran oportunidade de prctaicar, doutra facer facer grupo, convivindo durante tres días cos seus compañeiros/as de clase. |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |