Do 28 de marzo o 1 de Abril a xogadora Agustina Paniza, da división de honor de Baseball e Softball, impartiu unha sesión deste deportes o noso alumnado de EP co obxectivo de dar a coñecer este deportes. Trataronse de sesións totalmente prácticas que fixron gozar enormente o alumnado que deste xeito coñece un deporte pouco introducido na nosa sociedade e con elo amplia o abano de coñecemento e posibilidades, de encontrar o deporte que mellor se adate os seus gustos e intereses.
0 Comentarios
O alumnado de quinto e sexto curso de E.P ven de facer o 22-32 de Marzo un curso de primeiros auxilios impartido por Protección Civil Coruña. No curso tratouse de inculcar nos alumnos/as a importancia que ten unha rápida intervención no eido dos primeiros auxilios e en concreto da RCP. Recordamos, ademais, que o noso centro dispón dun desfibrilador semiautomático que pode facilitar enormemente as maniobras de reanimación cardiaca.
A campaña solidaria a favor de PROACIS incluiu nesta edición 2022 un torneo de Fútbol e Baloncesto. O torneo disputouse o venres 18 de marzo para que pudera participar a maior parte do alumnado, sen a asistencia dos pais. O obxectivo da actividade e lúdico-solidario tratando de recaudar o maior numero de fondos posible para a campaña solidaria proacis 2022.
O alumnado de E.P. ven de realizar unha actividade de iniciación o surf a grazas a colaboración de Prado Surf Escola. A actividade tratou de incidir nos equilibrios e técnicas básicas de deslizamento sobre terra. Esta actividade de iniciación servirá de base para favorecer a progresión metodolóxica que permita desenvolver as mesmas na auga. O pasado 7 de marzo fixemos unha viaxe a neve a estación de esquí de Leitariegos en León. A excursión que se prorrogou por tres días ata o 10 de marzo tivo o dobre obxectivo de facilitar unha convivencia extra-escolar para o alumnado de 1º da ESO e tamén de facilitar o alumnado a practica do esquí. Tratouse sen dúbida dunha actividade moi enriquecedora, no que todos os alumnos/as desfrutaron da mesma. |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |