O pasado 22 de Marzo, o centro, representado polo alumnado de 1º da ESO, participou no torneo "Panos Brancos contra a droga". O evento, onde acudiron outros 7 centros educativos da cidade, tratou, a través do deporte, de sensibilizar os rapaces no "NON rotundo as drogas". Sendo este o eixe central do encontro, debemos tamén destacar que o noso centro resultou vencedor na modalidade de atletismo. O evento culminou ca entrega de trofeos, e coa lectura e firma dun manifesto contra as drogas asinado por todos os participantes.
0 Comentarios
Ven de rematar a celebración do campionato de Bádminton celebrado no tempo de lecer para o alumnado de 5º e 6º de primaria. No mesmo participaron un total de 14 parellas para 5º de primaria e de 22 para 6º de primaria. As competicións separadas para ámbolos cursos por cuestión de madurez biolóxica, celebrouse a diferencia da desonvolvida en ESO nunha categoría mixta, mesturando nenos e nenas na mesma competición. Despois dun mes de competicións, resultaron vencedores en 5º de E.P. a parella formada por Luisa Vilariño e Sara Hidalgo que se impuxeron na final a Carlota Louro e Pablo Sánchez. Dentro da competición celebrada para 6º de E.P. a parella vencedora foi a conformada por Román Fernández e Jorge Sans. A equipa de Fútbol-8 do centro, na súa categoría xuvenil masculina, ven de iniciar a liga intercentros nesta modalidade deportiva. O primeiro partido desta competición ven de celebrarse o pasado xoves 22 de marzo no complexo deportivo de A Torre. Nesta ocasión o rival foi o centro Eusebio da Guarda que resoltou vencedor do partido cun resultado de 3-2, partido a que pertencen as seguintes imaxes. O pasado Mércores 21 de Marzo, e dentro do programa "Coñece o teu deporte" desenroláronse no centro unha xornada de iniciación o Fútbol Gaélico para o alumnado de 2º e 3º da ESO. A mesma foi promovida grazas a colaboración do club de Fútbol Gaélico Fillos de Breogán. Ata o centro, o club desprazou ata un total de 8 monitores para explicar e dinamizar a actividade en torno a práctica deste deporte. A mesma foi dun enorme interés para o alumnado que foi introducido no regulamento e no contexto sociocultural onde se práctica esta modalidade deportiva de escasa implantación en Galicia pero que é o deporte de referencia en países como Irlanda. Asemade, foron instruidos nas princiais técnicas específicas do Fútbol Gaélico nunha clase de E.F. diferente e moi productiva. ¡Grazas club Fillos de Breogán! Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria de xeito análogo o realizado o pasado curso, participaron fai unhas semanas na nova edición do programa educativo "Alimentes", promovido polos Supermercados Gadis , e que promove actividades dirixidas a impulsar unha alimentación saudable e un estilo de vida activo, concienciar da importancia dun consumo responsábel e evitar o desperdicio alimentario. Durante a visita a Gadis os nenos e nenas aprenderon, pasos a levar a cabo para escoller produtos saudables así como a ter en conta outros detalles a ter en conta na cesta da compra, como datas de caducidade ou informacións dadas nas etiquetas. O pasado martes 27 de Febreiro, o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, asistiu a unha charla-coloquio sobre a xestión do tempo. Para abordar esta charla contouse ca presenza de José Carlos Varela Peña, que relatou a súa experiencia persoal a hora de compatibilizar práctica deportiva e estudos. Hai que sinalar que Carlos e cinturón negro de Judo e rematou nada mais e nada menos que 10 carreiras universitarias, algunhas delas ca obtención do premio fin de carreira. A charla contou ademais ca presenza do seu entreador Bernardo Romay e doutros dous deportistas que describiron a súa experiencia na xestión do seu tempo persoal e como o Deporte tiña un efecto positivo nos seus resultados académicos. O pasado mércores 28 de Febreiro rematou o campionato de Bádminton intercentro para o alumnado da ESO. Na categoría masculina para 1º-2º da ESO impuxéronse os alumnos de 2º da ESO Jaime Silvar e Carlos Otero, mentres que no cadro de competición de 3º- 4º da ESO resultaron gañadores os alumnos Pedro Rocha e Miguel Guerrero do curso 4º da ESO B. Pola súa parte na categoría feminina que se disputou nunha única competición para toda a ESO, resultaron gañadoras na final as alumnas de 2º da ESO A Noa Bedolla e Laura Yañez, final as que pertencen estas imaxes. |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |