O pasado Mércores 21 de Marzo, e dentro do programa "Coñece o teu deporte" desenroláronse no centro unha xornada de iniciación o Fútbol Gaélico para o alumnado de 2º e 3º da ESO. A mesma foi promovida grazas a colaboración do club de Fútbol Gaélico Fillos de Breogán. Ata o centro, o club desprazou ata un total de 8 monitores para explicar e dinamizar a actividade en torno a práctica deste deporte. A mesma foi dun enorme interés para o alumnado que foi introducido no regulamento e no contexto sociocultural onde se práctica esta modalidade deportiva de escasa implantación en Galicia pero que é o deporte de referencia en países como Irlanda. Asemade, foron instruidos nas princiais técnicas específicas do Fútbol Gaélico nunha clase de E.F. diferente e moi productiva. ¡Grazas club Fillos de Breogán!
0 Comentarios
Deja una respuesta. |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |