O pasado venres 16 de marzo, boa parte do claustro de profesores, e PAS do centro, ven de facer un curso de reciclaxe de "Manexo de desfibriladores semiautomáticos". Tendo en consideración que o centro dispón dun DESA, consideramos o mesmo un recurso sanitario básico, que protexe a toda a comunidade educativa no indesexable caso de producirse unha parada cardiorrespiratoria no colexio, ou na súa contorna. Este é o motivo que por inesperado que este tipo de fatalidades poidan ocorrer, temos a obriga de estar preparados para respostar axeitadamente, con persoal plenamente capacitado para aplicar as manobras de reanimación cardiopulmonar e un eventual uso do DESA.
0 Comentarios
O alumnado dos diferentes cursos de E. P. está a participar nun conxunto de charlas viruais dentro do programa 'Exposición Bocados' desenrolado polo museo Casa do Home-Domus. A exposición virtual trata de concienciar o alumnado sobre a alimentación como habito de saúde e todos os procesos asociados a nutrición humana e a calidade de vida. O tema abordase, ademais, dende unha perspectiva global e sostible, concienciando os alumno/as da limitación de determinados recursos e das desigualdades que un dereito básico como a alimentación ten, atendendo os diferentes partes do planeta.
|
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |