A pesares dos inconvenientes determinados pola realidade da pandemia, o pasado Venres 9 de Outubro vimos de celebrar unha nova edición da carreira ENKI pola integración. O evento nestas circunstancias desenvolveuse no propio colexio ata onde previamente acudiron os responsables de ENKI para montar o circuíto. A actividade permitiu un momento de distensión e divertimento no alumnado o mesmo tempo que tentábamos que fora consciente das limitación que determinados obstáculos supuñan para as persoas con diversidade funcional.
0 Comentarios
Estamos sen dúbida nun tempo ben distinto o esperado fai poucos meses. Na situación actual temos que adaptarnos as circunstancias que dita a pandemia. Laiarnos de pouco serve, polo tanto adaptémonos a espera de que as circunstancias sexan mais favorables. Dende o Departamento de E.F. revisamos todas as programación, eliminando o material compartido nas sesións, a interacción en espazos moi próximos, e priorizando a realización as actividades no exterior a pesares da climatoloxía. Estas actuación e evidente que teñen aspectos negativos, pero nestas circunstancias poñemos por diante a seguridade e a realización dunha actividade física compensatoria, sobre a dimensión social do deporte.
Axiña volveremos a darnos apertas e a gozar da actividade física de xeito pleno, tede confianza nelo. |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |