Veñense de desputar nesta derradeira semana de Febreiro de 2020, as finais do Campionato de Badminton Esclavas 2020 nas diferentes categorías. Na masculina de 1º-2º ESO os gañadores foron Iago Meijide e Román Fernández. Pola súa parte na feminina de 3º-4º de ESO e bacharelato as gañadoras foron Charín Etcheverría e Clara Pereira, sendo os gañadores na mesma categoría en rapaces a parella conformada por Nacho Louro e Jacobo Cousillas. A marxe dos gañadores/as, destacamos a enorme participación neste campionato que cumpre o obxectivo de fomentar a práctica do deporte no tempo de lecer.
0 Comentarios
O alumnado de 5º y 6º de E.P. ven de recibir formación sobre a aplicación dos primeros auxilios en xeneral e específicamente sobre as manobras de reanimación cardiopulmonar (RCP). Consideramos que o desenvolvemento destes contidos transversais teñen unha enorme importancia, xa que permiten dotar o alumno/a das habilidades e ferramentas que non en poucos casos supoñen salvar vidas. Teñen ademais o valor de que empoderan o alumnado que recibe a formación, que deste xeito vense capaces de enfrentarse a diferentes situacións con un maior coñecemento tanto para a mellora da toma de decisións como para poder auxiliar de xeito efectivo a un posible accidentado. |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |