O alumnado de 6º E.P. ven de participar dunha charla-coloquio coa ex-xogadora da selección nacional feminina de Fútbol Lis Franco, e co ex-atleta olímpico Andrés Díaz. A charla que tivo lugar no ximnasio do centro, tratou de dar resposta as condicións requeridas para profesionalizarse no deporte e na importancia de compatibilizar os estudos co deporte. O desenvolvemento da charla foi totalmente interactiva na que o alumnado tivo a oportunidade de preguntar todas aquelas cuestións que lle suscitou interese. Neste contexto tivo especial relevancia todo o que suscita a participación nunhas olimpíadas para os deportistas.
0 Comentarios
O pasado Sábado 8 de Maio o alumnado de E.P.puido desfrutar dunha xornada de iniciación o Skate dentro do programa Disney Channel Skate tour que pretende dar a coñecer este deporte en diferentes puntos de España.
A xornada foi un exito total, no que os alumnado puido desfrutar deste deporte, que se estreará no programa olímpico este mesmo ano. Conscientes de como afecta a situación actual á realización de cualquer evento, é a nosa intención, con todo, celebrar determinadas actividades, de acordo á normativa vixente e adoptando toda as medidas de seguridade. Neste contexto, é evidente que non podemos celebrar a “IX edición da carreira Esclavas Corre” tal e como viñamos facendo. Porén, pese as circunstancias, os nenos/as puideron disputar a carreira, de xeito diferente, sen dúbida máis discreto, co seu grupo aula e tendo como únicos espectadores o outro grupo do seu mesmo curso. A mesma tivo lugar o xoves 20 de maio, en horarios rotatorios para cada unha das etapas (E.I., E.P., ESO y Bach.) e cursos. Para elo tomamos todas as medidas de seguridade posible, como establecer diferentes localizacións na contorna do centro, incluída a praia, illar os diferentes grupos e reducir significativamente a duración da actividade, tratándoa como si fose unha clase de E.F . no exterior. Os nosos escolares dos diferentes cursos de E. P., veñen de desenrolar o pasado 18 de maio unha xornada adicada a coñecer e aprender xogando, con xoguetes e actividades propias da cultura galega. Esta actividade, interdisciplinar, e ben importante nun contexto no que as tradicións estanse a perder e no que as diferentes formas de ocio e xogo dos escolares, están a mudar, sen que as veces non teñan a oportunidade de coñecer os nosos xogos mais arraigados a nosa terra. Dadas as circunstancias que veñen de limitar a organización de eventos deportivos e sentíndoo moito, foi imposible desenrolar unha nova edición da Copa ACI para alumnos/as de 6º de E.P. A Copa ACI, constitúe un punto de referencia moi marcado e agardado, para o alumnado de 6ª dos diferentes colexios que a fundación ACI ten en toda España e pon broche final á etapa de E.P. Dende o noso colexio, tomamos a decisión de celebrar un evento deportivo interno, que tivera o maior número de elementos comúns o que ven sendo a Copa ACI. Bautizámolo co nome de “Sextolimpiadas”. Tratouse dun evento lúdico-deportivo no que participará o alumnado de 6º competindo un grupo contra outro, en diferentes probas individuais (salto de altura, 100m. lisos, 800 m. y relevos) e de equipa (Fútbol e Brilé) e que tivo lugar o pasado mércores 19 de maio. Quixemos que as “Sextolimpiadas” foran unha auténtica xornada de convivencia, na que tivemos, ademais da propia competición, o xantar, a presentación de coreografías por grupos e por suposto, tempo suficiente para gozar e despedirnos de esta etapa educativa cos nosos compañeiros/as. Durante a semana do 26-30 de Abril, o alumnado de ESO y primeiro de Bacharelato, acudiu durante unha das clases de E. F. as instalacións da "Casa del Agua", para desenvolver unha clase de iniciación á Esgrima. Durante a actividade, impartida por monitores del club de Esgrima 100tolos, adoptaranse distintas medidas para garantir a máxima seguridade. Estamos enormemente agradecido o Clube de Esgrima 100tolos por ternos axudado a coñecer e practicar un novo deporte dentro do programa global do centro "Coñece o teu deporte". Os pasados xoves 29, e venres 30 de abril desenvolvéronse no centro unhas xornadas de iniciación ó Hockey na que participaron os diferentes grupos de E.P. A actividade foi desenvolvida por monitores titulados das escolas de Hockey do Athletic Coruña. Esta actividade enmarcase dentro do programa de iniciación deportiva "Coñece o teu deporte" mediante o cal tratamos de acercar e dar coñecer entre o noso alumnado opcións de práctica deportivo minoritarias que doutro xeito terían mais dificultade en coñecer. Estamos enormemente agradecidos o club de Hockey Atletic Coruña por terse acercado o centro e compartir connosco as singularidades deste deporte. |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |