O alumnado de 1 ESO ven de realizar entre o 26-28 de xaneiro neste 2024, nunha excursión para gozar da práctica do Esquí na estación invernal de Leitariegos. Os alumnos/as recibiron clases deste Deporte durante 3 xornadas consecutivas de acordo o seu nivel previo. A práctica do Esquí, as actividades de tempo libre tamén desenvolvidas e as visitas culturais, conformaron un programa de viaxe que entusiasmou os nosos nenos/as.
0 Comentarios
dDurante a primeira semana lectiva de 2024 entre o 8-15 de xaneiro, vense de desenvolver unhas xornadas de iniciación o Tenis de mesa. Así, técnicos do Clube do Mar de San Amaro cunha ampla traxectoria na ensinanza deste Deporte, explicaron polo miudo as singularidades do mesmo e propuxeron varias actividades adicadas a asimilar os aspectos técnicos fundamentais. A actividade, desenvolveuse en todos os cursos de E.P. contando a mesma cunha excelente acollida. Temos que agradecer encarecidamente, a adicación e profesionalidade dos técnicos que desenvolveron o programa. |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |