Este ano unímonos á iniciativa La vuelta al cole, organizado pola funcación Unoentrecienmil. É o maior movemento escolar contra a leucemia infantil. Tódolos cursos dende 3 anos a 2º de BAch. saímos ao patio e fixemos xogos cooperativos para mostrar o noso apoio ós nenos con leucemia infantil, mandandolles as nosas forzas e un donativo para loitar contra esta enfermidade e intentar seguir investigando para encontrar una cura. Foi una iniciativa preciosa na que todo o alumnado se involucrou ó máximo, disfrutando dunha mañá chea de boas intencións. Deixámosvos o link da web oficial por se queredes saber máis: https://www.lavueltaalcole.com/
0 Comentarios
Como todos sabedes, este ano superamos os 500 participantes, na carreira organizada por ENKI, obtendo novamente o premio de 500 euros ó centro escolar con máis participación. Por iso, persoas desta asociación viñeron ao noso colexio a falar co alumnado de 5º e 6º sobre as súas historias personales de superación e adicación deportiva. Con esta charla, os alumnos aprenderon tamén os numerosos problemas aos que se enfrentan diariamente as persoas con diversidade funcional, sobre todo enfocado nesta ocasión ao deporte. Tamén tiveron a maravillosa oportunidade de probar as bicicletas utilizadas en competicións de alta categoría por estas persoas. Foi sen dúbida una preciosa experiencia, e moi divertida! |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |