Dentro das iniciativas que pretenden promover as actividades deportivas no centro ó marxe das horas lectivas de E.F., neste curso 2017-18 introducíuse unha nova actividade que se está a desenvolver no tempo de lecer para o alumnado de 5º e 6º de E.P. A actividade consiste en iniciar e introducir a este alumnado nos deportes de raqueta; é decarácter voluntario, e ten o dobre obxectivo de fomentar a utilización activa do tempo de lecer, e adquirir coñecementos específicos dunhas actividades deportivas que permitan posteriormente a práctica autónoma do alumnado.
0 Comentarios
Os alumnos e alumnas de 6º de primaria veñen de realizar as súas presentacións respecto a Educación para a saúde". Por grupos estiveron a traballar no desenrolo das mesmas, prestando especial atención a transmisión dos coñecementos adquiridos. Este feito derivou nun aprendixase colaborativo e autónomo por grupos, e a elaboración do traballo e a presentación do mesmo. Asemade e dado que a asignatura ten como lingua vehicular o Inglés, os diferentes grupos fixeron a presentación oral neste idioma. O resultado foi unha actividade multidisciplinar na que ademáis de aprender cooperativamente sobre a "Educación para a saúde" traballaron utilizando como recursos as novas tecnoloxías, así como a expresión e comunicación oral en Inglés.
O pasado mércores 23 de Xaneiro, deu comezo un campionato de Bádminton por parellas. O mesmo que se disputará no primeiro recreo, extenderase ata finais do mes de febreiro.
Participan un total de 102 alumnos/as, e como mínimo teñen garantizado a disputa de dous partidos por parella, debido a que a dinámica da competición contempla repescas. O campionato estrutúrase en torno a tres competicións diferentes, que permiten favorecer as posibilidades de participación dos xogadores, atendendo ó alto número de parellas inscritas e asemade que a propia competición se desenvolva en termos de igualdade. Así, desputarase unha competición masculina para 1º-2º de ESO, outra tamén maculina para 3º-4º da ESO, e por último unha categoría feminina que agrupa ás alumnas de toda a etapa. |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |