Novamente este ano unímonos á iniciativa "La vuelta al cole", organizado pola fundación "Unoentrecienmil". É o maior movemento escolar contra a leucemia infantil. Tódolos cursos deE.I. E.P e E.S.O.. saímos ao patio e fixemos xogos cooperativos para mostrar o noso apoio ós nenos con leucemia infantil, mandandolles as nosas forzas e un donativo para loitar contra esta enfermidade e intentar seguir investigando para encontrar una cura. Ademais, e de xeito simbólico, todos os grupos demos a volta o cole unidos pola man, para rematar ca representacion feita polo alumnado dun corazon xigante. Foi una iniciativa preciosa na que todo o alumnado se involucrou ó máximo, disfrutando dunha mañá chea de boas intencións. Deixámosvos o link da web oficial por se queredes saber máis: https://www.lavueltaalcole.com/
0 Comentarios
O pasado sábado 19 de Outubro, a comunidade educativa do noso colexio participou novamente na iniciativa solidaria polo deporte inclusivo de ENKI. Enki nace grazas á Fundación Abrente a finais de 2014 co obxectivo principal de promover tanto a inclusión das persoas con discapacidade funcional nas actividades organizadas pola comunidade deportiva, como dar difusión aos colectivos que as representan. Como colexio foi un honor, e un novo reto participar nesta carreira. Asi se o pasado ano, e grazas a un equipo de máis de 500 persoas fomos os gañadores do premio ao Colexio máis numeroso, este ano superamos a participación con mais de 600 participantes, obtendo novamente o premio o centro escolar con mais numerosa participación. Un ano dende o blog de vida saudable, queremos expresar a nosa gratitude a todos os que fixeron posible este proxecto, xa que é unha gran satisfacción ver a toda a comunidade educativa volcada nun proxecto deportivo tan fermoso como este e que ademais ven de superar o listón do pasado ano, este ano desfrazados da nosa mascota: Hakimani, tal como se pode observar nas fotos, dando un extraordinario colorido a esta maravillosa xornada e desafiando o mal tempo. No presente curso 2019-2020 novamente proponse un programa de leceres activos para a etapa de ESO e Bacharelato. A proposta pasa por facilitar a práctica deportiva en tendo en conta as seguintes características: - Non son factibles de practicar no patio exterior. - Requiren material que so se pode utilizar en presenza dun profesor/a. - Sexan socialmente aceptadas de forma similar por diferentes grupos de idades e sexos. -Sexan de alta potencialidade socializadora e técnica, evitando a sudoración excesiva co obxecto de que os alumnos/as non precisen cambiar de roupa. Dado o alto número de potenciais interesados, proponse estructurar o uso do ximnasio por curso e día: - Luns: 1º ESO - Martes: 2º ESO - Mercores: 3º ESO - Xoves: 4º ESO - Venres: Bacharelato. |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |