O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria ven de asistir a diferentes sesión prácticas sobre a aplicación dos primeiros auxilios. O servizo de Protección Civil, a través da intervención de Federico de la Fuente, introducíu ó alumnado nos protocolos de actuación en casos de intervención con diferentes tipos de accidentados. Asemade, explicáronse as manobras máis importantes e probables que se poidan dar en diferentes escenarios. Estas mesmas sesións de aprendizaxes teórico-prácticas xa forán impartidas para o alumnado da ESO, sen embargo dada a valoroción positiva das mesmas considerouse a súa extensión os derradeiros cursos da etapa de Educación primaria
0 Comentarios
Os pasados venres 26 e sábado 27 de Xaneiro, celebrouse no noso centro un curso sobre o manexo do desfibrilador semiautomático (DESA) e sobre as maniobras básicas de RCP. Ó mesmo asistiron profesores e persoal de administración e servicios do centro, que se formaron sobre os diferentes procedementos de reanimación cardiopulmonar. Hai que resinar que o centro dispón dun desfibrilador semiautomático entre o material preciso para a aplicación dos primeiros auxilios. Trátase sen dúbida dun dispositivo que se ten demostrado moi útil en moitas das situacións onde se produce unha parada cadiorrespiratoria. O centro, consciente da necesaria formación para poder actuar con dilixencia chegado o caso, organizou este curso que forma a persoal do centro nestas maniobras.
Os alumnos e alumnas de 5º de primaria veñen de realizar as súas presentacións respecto á "Educación para a saúde". Por grupos ,estiveron a traballar no desenrolo das mesmas, prestando especial atención á transmisión dos coñecementos adquiridos. Este feito derivou nun aprendizaxe colaborativo e autónomo por grupos, e á elaboración do traballo e a presentación do mesmo. Asemade e dado que a asignatura ten como lingua vehicular o Inglés, os diferentes grupos fixeron a presentación oral neste idioma. O resultado foi unha actividade multidisciplinar na que ademáis de aprender cooperativamente sobre a "Educación para a saúde", traballaron a expresión plástica e visual a través da realización dos diferentes posters. |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |