Nas actuais circunstancias de dificultade, que afectan, entre outros aspectos, a nosa mobilidade, queremos, dende o centro, transformar algunha destas dificultades en oportunidades de cambio. Neste senso, fai xa un tempo que tratamos de fomentar unha mobilidade urbana sostible e autónoma do alumnado. Para elo, vimos de impulsar diferentes accións como: charlas de educación viaria, desenvolvemento de itinerarios pedestres e ciclistas seguros e, dende o pasado ano, a posta en marcha do noso proxecto “Esclavas movese en bici”.
Dende o centro somos conscientes de que a seguridade viaria é unha preocupación de todas as familias, como tamén o somos de que unha mobilidade alternativa o uso do coche irase impoñendo no futuro próximo. É por elo que queremos que o noso alumnado se vaia familiarizando con estas alternativas, e para o cal dende o pasado 8 de Febreiro poñemos de novo a vosa disposición o aparcabicicletas do interior do centro, así como toda a axuda do profesorado precisa para xestionar as entradas e saídas.
0 Comentarios
Deja una respuesta. |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |