Como todos sabedes, o colexio Esclavas de Coruña gañamos o premio ó Grupo máis numeroso na carrera ENKI. O premio foi unas xornadas para os cursos de 6º de Primaria valoradas en 500€. O alumnado tivo primeiro unha charla dunha persoa con diversidade funcional que practica triatlón. Contounos os problemas aos que se enfrenta calquer persoa con diversidade funcional que queira facer deporte, e contribuíu a potenciar nos nenos unha conciencia social á favor da inclusión de todo tipo de persoas. Despois tiveron a oportunidade de utilizar cadeiras de rodas adaptadas para deportistas con diversidade funcional. Tamén nos ensinou o seu coche, e as adaptacións que foron necesarias para ser utilizado por el. Foi unha xornada moi divertida e interesante, e todos quedamos moi satisfeitos co resultado!
0 Comentarios
Deja una respuesta. |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |