O pasado mes de Xaneiro, ven de iniciarse novamente o igual que sucederá en cursos anteriores o programa Merendas saudables. Este programa trata de inculcar nos alumnos/as de primaria hábitos saudables en relación ca súa alimentación. Para isto dende o centro tratase de valorar e premiar os bos hábitos a través dunha moeda propia que os alumnos/as poden canxear. As posibilidades de troco desta moeda (healthiños) pasan por entradas o Club Healthy, ou por alugar material deportivo. Con esta iniciativa, conseguemos o dobre obxectivo de promocionar a alimentación saudable, e facilitar a práctica de diferentes actividades deportivas no tempo de lecer, dentro dun circulo virtuoso de concatenación de hábitos saudables que melloren a calidade de vida do noso alumnado.
0 Comentarios
Deja una respuesta. |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |