O alumnado de quinto e sexto curso de E.P ven de facer o 22-32 de Marzo un curso de primeiros auxilios impartido por Protección Civil Coruña. No curso tratouse de inculcar nos alumnos/as a importancia que ten unha rápida intervención no eido dos primeiros auxilios e en concreto da RCP. Recordamos, ademais, que o noso centro dispón dun desfibrilador semiautomático que pode facilitar enormemente as maniobras de reanimación cardiaca.
0 Comentarios
A campaña solidaria a favor de PROACIS incluiu nesta edición 2022 un torneo de Fútbol e Baloncesto. O torneo disputouse o venres 18 de marzo para que pudera participar a maior parte do alumnado, sen a asistencia dos pais. O obxectivo da actividade e lúdico-solidario tratando de recaudar o maior numero de fondos posible para a campaña solidaria proacis 2022.
O alumnado de E.P. ven de realizar unha actividade de iniciación o surf a grazas a colaboración de Prado Surf Escola. A actividade tratou de incidir nos equilibrios e técnicas básicas de deslizamento sobre terra. Esta actividade de iniciación servirá de base para favorecer a progresión metodolóxica que permita desenvolver as mesmas na auga. O pasado 7 de marzo fixemos unha viaxe a neve a estación de esquí de Leitariegos en León. A excursión que se prorrogou por tres días ata o 10 de marzo tivo o dobre obxectivo de facilitar unha convivencia extra-escolar para o alumnado de 1º da ESO e tamén de facilitar o alumnado a practica do esquí. Tratouse sen dúbida dunha actividade moi enriquecedora, no que todos os alumnos/as desfrutaron da mesma. Dende este mes de xaneiro como continuidade da iniciativa “Merendas saudables” desenvolvido na etapa de Educación Infantil, incentivaranse as merendas saudables a cambio de puntos (Healthiños) que serán adxudicados nos tempos de recreo a cada clase. Estes Healthiños poderán ser trocados por un premio que consistirá nunha actividade relacionada co ocio e a saúde, levada a cabo polos titores. Con isto, pretendemos fomentar a conciencia de grupo nos nenos e nenas, ao mesmo tempo que os sensibilizamos sobre que alimentos son saudables. O desenvolvemento do programa levarase a cabo do seguinte xeito: - Cada día que os alumnos/as traian á escola unha merenda saudable das que están incluídas na lista que vos adxuntamos (de forma voluntaria, pois a merenda non é obrigatoria) , serán recompensados cun Healthiño. Cando a clase consiga 200 Healthiños, o titor ou titora desenvolverá unha clase “especial” como premio ao seu esforzo e concienciación.
O coidado da contorna, a través da reciclaxe e o compromiso social do centro, son aspectos intrínsecos o noso proxecto educativo. Neste contexto, durante o presente curso, imos a participar no Concurso Pilabot a iniciativa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que pretende concienciar os escolares sobre a importancia da xestión do lixo, fomentando unha recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles.
Co ánimo de motivar os diferentes centros e o alumnado na campaña de recollida, plantexase a modo de concurso intercentros de Galicia, para que cada un recolla e entregue o maior número de pilas e acumuladores portátiles. A este efecto, terán esta consideración cualquera pila, acumulador ou batería que non sexa industrial ou de automóbil. A campaña de recollida estenderase dende o 13 de xaneiro ata o 31 de marzo, facilitándolle para elo un pequeno contedor de cartón os alumnos/as tanto de EP como de ESO e Bacharelato para que poidan facer a recollida na casa e entregalas posteriormente no colexio. Para facer operativa a recollida, pedímosvos que a entrega de las pilas e acumuladores a realicedes os xoves, entregándoas á entrada, na porta que a cada un lle corresponda e o mestre/a presente na mesma. O alumnado de 4 anos de E.I. ven de celebrar unha xornada adicada a promocionar o uso da bicicleta na escola. Para elo os nenos/as viñeron cas súas bicletas o colexio e realizaron diderntes actividades en torno o seu uso. Unha delas a realización dun circuito de habilidade no patio de xogos tal e como se pode apreciar nas imaxes. Durante o mes de xaneiro e dentro da proposta de global "Tempos de lecer activos", estamos a desenrolar un campionato de Badminton para o alumnado de ESO e Bacharelato. O mesmo que se estrutura na modalidade de parellas en base a 4 categorías tendo en conta a idade do alumnado. Con isto pretendemos que os alumnos/as independentemente do seu nivel poidan gozar do deporte poñendo o centro os medios para elo, durante o seu tempo de lecer. Varios deportistas do centro, en concreto Judokas, veñen de ser entrevistados na canle de Radiovoz con motivo da súa asistencia o campionato nacional de Judo que se disputara do 29-31 de Outubro en Avilés. Independentemente dos resultados, tratase, sen dúbida, dunha excelente oportunidade de vivir experiencias a través da práctica deportiva, neste caso do Judo. O pasado venres 22 de Outubro vimos de celebrar unha nova edición da carreira de obstáculos promovidos a través do proxecto Enki. Tratase dunha proba lúdica que promove a inclusión e visualización das persoas con diversidade funcional. Este ano, novamente á espera de que a pandemia permita realizala conxuntamente con outros colexios da cidade, celebrámola no patio do centro. |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |