O coidado da contorna, a través da reciclaxe e o compromiso social do centro, son aspectos intrínsecos o noso proxecto educativo. Neste contexto, durante o presente curso, imos a participar no Concurso Pilabot a iniciativa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que pretende concienciar os escolares sobre a importancia da xestión do lixo, fomentando unha recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles.
Co ánimo de motivar os diferentes centros e o alumnado na campaña de recollida, plantexase a modo de concurso intercentros de Galicia, para que cada un recolla e entregue o maior número de pilas e acumuladores portátiles. A este efecto, terán esta consideración cualquera pila, acumulador ou batería que non sexa industrial ou de automóbil. A campaña de recollida estenderase dende o 13 de xaneiro ata o 31 de marzo, facilitándolle para elo un pequeno contedor de cartón os alumnos/as tanto de EP como de ESO e Bacharelato para que poidan facer a recollida na casa e entregalas posteriormente no colexio. Para facer operativa a recollida, pedímosvos que a entrega de las pilas e acumuladores a realicedes os xoves, entregándoas á entrada, na porta que a cada un lle corresponda e o mestre/a presente na mesma.
0 Comentarios
Deja una respuesta. |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |