O alumnado de 6º E.P. ven de participar dunha charla-coloquio coa ex-xogadora da selección nacional feminina de Fútbol Lis Franco, e co ex-atleta olímpico Andrés Díaz. A charla que tivo lugar no ximnasio do centro, tratou de dar resposta as condicións requeridas para profesionalizarse no deporte e na importancia de compatibilizar os estudos co deporte. O desenvolvemento da charla foi totalmente interactiva na que o alumnado tivo a oportunidade de preguntar todas aquelas cuestións que lle suscitou interese. Neste contexto tivo especial relevancia todo o que suscita a participación nunhas olimpíadas para os deportistas.
0 Comentarios
Deja una respuesta. |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |