O pasado domingo 22 de Outubro, a comunidade educativa do noso colexio participou na iniciativa solidaria de ENKI. Enki nace grazas á Fundación Abrente a finais de 2014 co obxectivo principal de promover tanto a inclusión das persoas con discapacidade funcional nas actividades organizadas pola comunidade deportiva, como dar difusión aos colectivos que as representan. Como colexio foi un honor participar nesta carreira, e grazas a un equipo de máis de 450 persoas fomos os gañadores do premio ao Colexio máis numeroso, cunha dotación económica de 500 €. Dende o blog de vida saudable queremos expresar a nosa gratitude a todos os que fixeron posible este proxecto, xa que é una gran satisfacción ver a toda a comunidade educativa volcada nun proxecto deportivo tan fermoso como este.
0 Comentarios
Deja una respuesta. |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |