VIDA SAUDABLE
  • Blog de novas
  • ENLACES
    • Galicia saudable
    • NAOS EI EP
    • NAOS ESO BACH
  • PHYSICAL EDUCATION
  • HISTÓRICO
  • COIDA O NOSO MUNDO
  • Blog de novas
  • ENLACES
    • Galicia saudable
    • NAOS EI EP
    • NAOS ESO BACH
  • PHYSICAL EDUCATION
  • HISTÓRICO
  • COIDA O NOSO MUNDO

colegio esclavas a coruNA

Imagen

Click here to edit.

VIDA SALUDABLE

Click here to edit.

Haz clic aquí para editar.

Title Text.

TORNEO "PANOS BRANCOS CONTRA A DROGA"

3/28/2018

0 Comentarios

 
O pasado 22 de Marzo, o centro, representado polo alumnado de 1º da ESO, participou no torneo "Panos Brancos contra a droga". O evento, onde acudiron outros 7 centros educativos da cidade, tratou, a través do deporte, de sensibilizar os rapaces no "NON rotundo as drogas". Sendo este o eixe central do encontro, debemos tamén destacar que o noso centro resultou vencedor na modalidade de atletismo.
O evento culminou ca entrega de trofeos, e coa lectura e firma dun manifesto contra as drogas asinado por todos os participantes.
0 Comentarios

FINAIS CAMPIONATOS BÁDMINTON E.P.

3/28/2018

0 Comentarios

 
Ven de rematar a celebración do campionato de Bádminton celebrado no tempo de lecer para o alumnado de 5º e 6º de primaria. No mesmo participaron un total de 14 parellas para  5º de primaria e de 22 para 6º de primaria. As competicións separadas para ámbolos cursos por cuestión de madurez biolóxica, celebrouse a diferencia da desonvolvida en ESO nunha categoría mixta, mesturando nenos e nenas na mesma competición. Despois dun mes de competicións, resultaron vencedores en 5º de E.P. a parella formada por Luisa Vilariño e Sara Hidalgo que se impuxeron na final a Carlota Louro e Pablo Sánchez. Dentro da competición celebrada para 6º de E.P. a parella vencedora foi a conformada por Román Fernández e Jorge Sans.

0 Comentarios

FÚTBOL-8

3/28/2018

0 Comentarios

 
A equipa de Fútbol-8 do centro, na súa categoría xuvenil masculina, ven de iniciar a  liga intercentros nesta modalidade deportiva. O primeiro partido desta competición ven de celebrarse o pasado xoves 22 de marzo no complexo deportivo de A Torre. Nesta ocasión o rival foi o centro Eusebio da Guarda que resoltou vencedor do partido cun resultado de 3-2, partido a que pertencen as seguintes imaxes.
0 Comentarios

INICIACIÓN O FÚTBOL GAÉLICO

3/24/2018

0 Comentarios

 
O pasado Mércores 21 de Marzo, e dentro do programa "Coñece o teu deporte"  desenroláronse no centro unha xornada de iniciación o Fútbol Gaélico para o alumnado de 2º e 3º da ESO. A mesma foi promovida  grazas a colaboración do club de Fútbol Gaélico Fillos de Breogán. Ata o centro,  o club desprazou ata un total de 8 monitores para explicar e dinamizar a actividade en torno a práctica deste deporte. A mesma foi dun enorme interés para o alumnado que foi introducido no regulamento e no contexto  sociocultural onde se práctica esta modalidade deportiva de escasa implantación en Galicia pero que é o deporte de referencia en países como Irlanda. Asemade,  foron instruidos nas princiais técnicas específicas do Fútbol Gaélico nunha clase de E.F. diferente e moi productiva. ¡Grazas club Fillos de Breogán!
0 Comentarios

VISITA A GADIS

3/23/2018

0 Comentarios

 
Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria de xeito análogo o realizado o pasado curso, participaron fai unhas semanas na nova edición do programa educativo "Alimentes", promovido polos Supermercados Gadis , e que promove actividades dirixidas a impulsar unha alimentación saudable e un estilo de vida activo, concienciar da importancia dun consumo responsábel e evitar o desperdicio alimentario. Durante a visita a Gadis os nenos e nenas aprenderon, pasos a levar a cabo para escoller produtos saudables así como a ter en conta outros detalles a ter en conta na cesta da compra, como datas de caducidade ou informacións dadas nas etiquetas.
0 Comentarios

CHARLA- COLOQUIO XESTIÓN DO TEMPO DE ESTUDO, OCIO E DEPORTE

3/3/2018

0 Comentarios

 
O pasado martes 27 de Febreiro, o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, asistiu a unha charla-coloquio sobre a xestión do tempo. Para abordar esta charla contouse ca presenza de José Carlos Varela Peña, que relatou a súa experiencia persoal a hora de compatibilizar práctica deportiva e estudos. Hai que sinalar que Carlos e cinturón negro de Judo e rematou nada mais e nada menos que 10 carreiras universitarias, algunhas delas ca obtención do premio fin de carreira.
A charla contou ademais ca presenza do seu entreador Bernardo Romay e doutros dous deportistas que describiron a súa experiencia na xestión do seu tempo persoal e como o Deporte tiña un efecto positivo nos seus resultados académicos.


0 Comentarios

FINAIS CAMPIONATOS DE BÁDMINTON DA E.S.O

3/3/2018

0 Comentarios

 

O pasado mércores 28 de Febreiro rematou o campionato de Bádminton intercentro para o alumnado da ESO. Na categoría masculina para 1º-2º da ESO impuxéronse os alumnos de 2º da ESO Jaime Silvar e Carlos Otero, mentres que no cadro de competición de 3º- 4º da ESO resultaron gañadores os alumnos Pedro Rocha e Miguel Guerrero do curso 4º da ESO B. Pola súa parte na categoría feminina que se disputou nunha única competición para toda a ESO, resultaron gañadoras na final as alumnas de 2º da ESO A Noa Bedolla e Laura Yañez, final as que pertencen estas imaxes.
Hai que sinalar, que un total de 17 parellas en categoría feminina e 34 na categoría masculina, tomaron parte deste campionato que non tiña mais propósito, que facilitar a práctica deportiva do alumnado no tempo de lecer.

0 Comentarios

    Autor

    Este blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña

    Archivos

    Noviembre 2025
    Mayo 2025
    Marzo 2025
    Diciembre 2024
    Noviembre 2024
    Octubre 2024
    Julio 2024
    Febrero 2024
    Enero 2024
    Diciembre 2023
    Noviembre 2023
    Octubre 2023
    Junio 2023
    Mayo 2023
    Abril 2023
    Febrero 2023
    Noviembre 2022
    Octubre 2022
    Septiembre 2022
    Marzo 2022
    Enero 2022
    Octubre 2021
    Junio 2021
    Mayo 2021
    Abril 2021
    Febrero 2021
    Octubre 2020
    Mayo 2020
    Abril 2020
    Marzo 2020
    Febrero 2020
    Enero 2020
    Diciembre 2019
    Noviembre 2019
    Octubre 2019
    Septiembre 2019
    Julio 2019
    Mayo 2019
    Abril 2019
    Marzo 2019
    Enero 2019
    Diciembre 2018
    Noviembre 2018
    Octubre 2018
    Junio 2018
    Mayo 2018
    Abril 2018
    Marzo 2018
    Febrero 2018
    Enero 2018
    Diciembre 2017
    Noviembre 2017
    Octubre 2017

    Categorías

    All

    RSS Feed

    CONTACTO:
    [email protected]
Con tecnología de Crea tu propio sitio web con las plantillas personalizables.