Os pasados venres 26 e sábado 27 de Xaneiro, celebrouse no noso centro un curso sobre o manexo do desfibrilador semiautomático (DESA) e sobre as maniobras básicas de RCP. Ó mesmo asistiron profesores e persoal de administración e servicios do centro, que se formaron sobre os diferentes procedementos de reanimación cardiopulmonar. Hai que resinar que o centro dispón dun desfibrilador semiautomático entre o material preciso para a aplicación dos primeiros auxilios. Trátase sen dúbida dun dispositivo que se ten demostrado moi útil en moitas das situacións onde se produce unha parada cadiorrespiratoria. O centro, consciente da necesaria formación para poder actuar con dilixencia chegado o caso, organizou este curso que forma a persoal do centro nestas maniobras.
0 Comentarios
Deja una respuesta. |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |