O pasado sábado 19 de Outubro, a comunidade educativa do noso colexio participou novamente na iniciativa solidaria polo deporte inclusivo de ENKI. Enki nace grazas á Fundación Abrente a finais de 2014 co obxectivo principal de promover tanto a inclusión das persoas con discapacidade funcional nas actividades organizadas pola comunidade deportiva, como dar difusión aos colectivos que as representan. Como colexio foi un honor, e un novo reto participar nesta carreira. Asi se o pasado ano, e grazas a un equipo de máis de 500 persoas fomos os gañadores do premio ao Colexio máis numeroso, este ano superamos a participación con mais de 600 participantes, obtendo novamente o premio o centro escolar con mais numerosa participación. Un ano dende o blog de vida saudable, queremos expresar a nosa gratitude a todos os que fixeron posible este proxecto, xa que é unha gran satisfacción ver a toda a comunidade educativa volcada nun proxecto deportivo tan fermoso como este e que ademais ven de superar o listón do pasado ano, este ano desfrazados da nosa mascota: Hakimani, tal como se pode observar nas fotos, dando un extraordinario colorido a esta maravillosa xornada e desafiando o mal tempo.
0 Comentarios
Deja una respuesta. |
AutorEste blog pertence o programa de Vida Saludable do Colegio Esclavas de A Coruña Archivos
Enero 2024
CategoríasCONTACTO:
[email protected] |